Somos un pequeno estudio de arquitectura con base en Ribadavia na comarca de O Ribeiro, provincia de Ourense. O noso traballo ten dúas liñas principais de actuación ofrecendo, por un lado, servizos integrais de arquitectura con vocación de atención ás persoas que, coma nós, decidimos ficar a vivir no rural; e, por outra banda, con especialización en rehabilitación e deseño de vivendas de reducido consumo enerxético baixo o estándar Passivhaus.
Tradicional
A arquitectura tradicional basease no lugar e na cultura local adaptándose con naturalidade ao territorio, ao clima e a súa función. Fundamentos estes esenciais para acadar construcións sostibles dende un punto de vista do confort e de respecto ao medio ambiente.
Contemporánea
Traballamos na recuperación do patrimonio construído seguindo estratexias da arquitectura bioclimática tradicional e pasivas para mellorar a calidade de vida das persoas.