ESTUDIO

sobre nós

Os irmáns Enrique e Rafael Otero González, somos os arquitectos fundadores de bacelo estudio.

Con máis de dez anos de experiencia e coa determinación de vivir no noso lugar, poñemos a calidade de vida, a memoria e a sustentabilidade como centro das nosas intervencións.

O noso traballo céntrase nas necesidades específicas dos nosos clientes aportando solucións dende a paixón polo oficio, o coñecemento do medio no que vivimos e a formación continua.

Enrique Otero

Rafa Otero

Bagaxe

Arquitectos pola ETSA A Coruña, contamos con formación acreditada no deseño de vivendas baixo o estándar Passivhaus e experiencia en rehabilitación de arquitectura tradicional e restauración de bens de interese cultural.

Arquitectura.

Rehabilitación.

Passivhaus.

Estudio de arquitectura especializado en arquitectura no rural contemporánea para mellorar a calidade de vida.